Libraría

Preséntase "Manual de linternas", un catálogo de incursións e reflexións científicas

Manual de linternas preséntase como un catálogo de "incursións, excursións e reflexións científicas". Editado por Libros y Literatura, este mércores 2 de maio ás 20:00 na Libraría NUMAX contaremos coa responsábel da edición Marta Magariños, o xornalista Manuel Vicente e Manuel Collado e Borja Merino, dous dos autores do libro.

O obxectivo deste Manual de linternas é promover a divulgación científica a través dos libros, e por iso pón o foco en libros elixidos polos autores das reseñas. Organízanse en categorías, aínda que de xeito impreciso, xa que moitos poderían estar en varias delas. Cada categoría introdúcese con ilustracións de María Lamprech. Todos os libros reseñados comparten a premisa de transmitir con entusiasmo o coñecemento científico. De modo que este manual non pretende ser unha selección dos libros máis relevantes de cada campo, pero si servir como linternas que iluminen a ansia de saber. As lanternas son cincuenta e un libros con vocación de transmitir e satisfacer o interese pola divulgación científica.