Libraría

Presentación de «N-550. Da estrada á rúa»

Este venres 29 de marzo ás 20:00 preséntase na Libraría NUMAX a obra N-550. Da estrada á rúa. As urbanizacións. Participarán os coordinadores da obra Xulio Turnes Vieito e Ramón Viéitez Rodriguez e a fotógrafa Noemí Díaz.

"A Nacional 550 é a estrada que vai dende A Coruña ata Tui. Este é o leitmotiv para analizar a cidade que se espalla por gran parte da nosa xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global. No caso de Galicia, este fenómeno concéntrase na franxa atlántica, ó redor de grandes infraestruturas, como a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo. O propósito da obra consiste en retratar como se constrúe o mundo suburbano galego, cales son as súas singularidades, cales son as súas semellanzas no marco dun escenario global, etc. Un discurso tecido con múltiples preguntas, algunhas con respostas, outras sen resolver... Todo coa idea de ir descubrindo unha cidade pouco explorada ata o de agora."