Libraría

Presentación da traducción de «La reina del swing», as memorias da bailarina de lindy hop Norma Miller

O mércores 20 de febreiro ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación de La reina del swing, (ed. Carena), de Norma Miller e Evette Jensen a cargo da tradutora da obra, Karen Campos, e do director do programa "Notas de Jazz" da Radio Galega, Xabier Facal.

Norma Miller, “a raíña do swing”, comezou a bailar lindy hop aos quince anos, e, actualmente, aos seus 98 anos, é todo un mito no mundo do baile. A súa biografía ofrece un percorrido apaixonante pola súa vida e a súa carreira como bailarina, coreógrafa e humorista. As súas memorias evocan o Nova York dos anos trinta e o ambiente no que naceu o música swing e o seu baile, o lindy hop, na emblemática sala de baile Savoy, da man das grandes bandas de Chick Webb, Duke Ellington e Count Basie.

Norma Miller (1919), bailarina, coreógrafa, humorista e autora, é unha das primeiras bailarinas de lindy hop que comezaron a actuar no Savoy de Harlem, nos anos trinta. Formou o grupo de baile Norma Miller Jazz Dancers e actuou cos grandes do jazz por todo o mundo. Participou nos filmes “Un día nas carreiras”, dos irmáns Marx (1937), e “Hellzapoppin” (1941). Como coreógrafa traballou para “Malcolm X” (1992) e a compañía Alvin Ailey. É protagonista do documental “Queen of Swing” (2010), ademais de figurar nas series “Jazz” (2000), de Ken Burns. No 2017 completou unha xira por Italia coa Billy Bros. Swing Orchestra. Gañadora do premio Satchmo da Fundación Louis Armstrong, aos seus 98 anos segue swingueando.