Libraría

Javier Trigales e David Salgado presentan «Un viaje por el cine fantástico y de terror vol.1» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle este martes 6 de febreiro ás 20h00 a presentación de Un viaje por el cine fantástico y de terror vol.1 (Applehead) con dous dos autores deste libro colectivo, Javier Trigales e David Salgado. A entrada é libre ata completar aforo.

Con Un viaje por el cine fantástico y de terror vol. 1: Del príncipe de las tinieblas a la odisea del comandante Bowman penetraraste nas orixes do xénero a través das primeiras obras mestras silentes, asinadas por F.W. Murnau ou Fritz Lang. Coñecerás as producións fantásticas da Universal e RKO dos anos 30 e 40 do século pasado. Compartirás desgrazas co rei Kong e os Freaks de Tod Browning. Gozarás dun amplo percorrido pola ciencia ficción USA da década dos 50 e polas producións de Hammer Films. Intemporais romances e aventuras fantásticas compartirán protagonismo con pantasmas, bruxas, vampiros e monstros de toda índole, algúns moi humanos.

Serán ineludibles paradas no camiño os títulos máis populares —pero tamén outros menos coñecidos— das cinematografías norteamericana e británica, así como tamén os espectros do fantástico xaponés, os horrores góticos do terror italiano, o cinema fantástico da Europa do Leste ou as lendas e criaturas do imaxinario mexicano. E como privilexiados compañeiros de viaxe tenderemos a James Whale, Jacques Tourneur, Terence Fisher, Walt Disney, Alfred Hitchcock, Roger Corman, William Castle, George Pal, Ingmar Bergman, Federico Fellini, Roman Polanski, Stanley Kubrick e moitos outros. Unha viaxe, repleto de emocións e sorpresas, que partirá dos albores do cinema e levaranos ata finais da década dos 60.

Javier Trigales e David Salgado aproveitarán a súa visita a NUMAX para presentar tamén o pase especial d' O gabinete do Doutor Caligari, que se proxectará o martes 6 ás 18h10 da tarde.