Raül Refree presenta «Cuando todo encaja» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Cuando todo encaja: Apuntes sobre creatividad (Debate) de Raül Refree o mércores 24 de setembro ás 19:00h. A entrada é libre ata completar aforo.
Compositor, músico e produtor, Raül Refree dedicou gran parte da súa traxectoria a colaborar con algúns dos talentos máis destacados da música española e internacional. Recoñecido por atopar camiños inesperados no proceso artístico, o seu particular achegamento ao acto creativo convérteo nunha voz indispensable para todos aqueles que nalgún momento sentiron a pulsión de dar forma a unha obra. Neste libro, Raül proponse sacar conclusións das súas experiencias, e suxire unha aproximación á creatividade que nos convida a perder o medo, escoitar á nosa intuición e confiar na chegada dese momento no que todo encaixa.
Raül Refree (Barcelona, 1976) é compositor, músico e produtor. Tras iniciarse no panorama independente con grupos como Corn Flakes, Élena ou Sitcom, desenvolveu unha sólida carreira en solitario con discos como Els invertebrats, La otra mitad ou El espacio entre. Recoñecido como unha das figuras máis innovadoras da escena musical, traballou con artistas como Rosalía, Guitarricadelafuente, C. Tangana, Niño de Elche, Rodrigo Cuevas, Kiko Veleno, Amaia, Silvia Pérez Cruz, La M.O.D.A., Gianna Nannini, Lina ou Le Ranaldo, entre outros, así como cos directores de cinema os Javis ou Isaki Lacuesta. Nos seus proxectos conflúen flamenco, electrónica, canción de autor e música contemporánea. A súa obra, tanto propia como producida, destaca pola súa sensibilidade artística e a súa capacidade de abrir novos camiños expresivos. Ao longo de vinte anos de traxectoria foi galardoado en numerosas ocasións con premios como o Ciutat de Barcelona, o Gaudí, o Grammy Latino ou o da Academia da Música de España.