Libraría

A Libraría NUMAX reabre as portas o luns 11 de maio

En NUMAX continuamos a dar os pasos necesarios para recuperar a nosa actividade tras estas semanas de confinamento, con toda a ilusión pero tamén a responsabilidade que requiren estes tempos. Nese sentido, alédanos informarvos de que a partir do luns 11 de maio volvemos abrir as portas da Libraría sen necesidade de cita previa. O horario de apertura será de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00.

Desde este luns 11 de maio podedes reencontrarvos nos andeis da Libraría NUMAX coa nosa coidada selección de libros. Literatura, arte, pensamento, vinilos, edicións en BluRay e DVD son só algunhas das propostas coas que agardamos sorprendervos. A reapertura das nosas portas nesta Fase 1 de recuperación da actividade seguirá rigorosamente todas as recomendacións en materia sanitaria e de control de aforo. Nese sentido, o horario de apertura desde o luns 11 até novo aviso será de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 con acceso prioritario a persoas maiores de 65 anos de 11:00 a 12:00 e de 17:00 a 18:00 horas.

Fainos moita ilusión volvervos ver! Podedes ir buscando e anotando ideas e referencias na páxina web da Libraría.