Libraría

A filósofa Rebeca Baceiredo presenta «Como não ser, tranquilamente, human@s»

A relación entre o antropocentrismo, o pacto social, o uso da tecnoloxía e o capitalismo son algúns dos temas que trata Rebeca Baceiredo no libro Como não ser, tranquilamente, human@s (Através Editora). A presentación terá lugar o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19:30 na Libraría NUMAX, nela a autora estará acompañará do escritor e filósofo Brais Arribas. 

Neste novo ensaio, Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade á era neoliberal, a autora aborda desde unha perspectiva filosófica a relación entre a concepción da tecnoloxía, as estruturas antropocéntricas e a comunidade, non só no ámbito deliberativo no que se constitúe a sociedade, senón tamén na distribución das funcións que se dan nun contexto capitalista, é dicir, no traballo. Este libro, editado por Através, presentarase o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19:30 na Libraría NUMAX, onde a xornalista e investigadora Montse Dopico conversará coa autora. Pola covid-19 o acto conta con prazas alimitadas e aconséllase reserva previa no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram (@numaxcoop).

Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é unha filósofa e escritora galega. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e doutora en Filosofía cunha tese doutoral sobre Gilles Deleuze titulada Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze. Publicou obras como O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005; Galaxia 2006), (repeat to fade) (Estaleiro, 2011), A revolución non vai ser televisada. Devir imperceptible seguindo a Gilles Deleuze (Premio AELG de Ensaio, 2013; Euseino? 2013), E meterei a miña lei no seu peito (Estaleiro Editores, 2014), Capitalismo e fascismo (Euseino? 2015), Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras (Axóuxere, 2016), O canto da Sibila (Galaxia, 2016), A verdade errada e a representación errante (Euseino?, 2018) e Éxodo (Apeiron, 2020).