Libraría

Julius Richard presenta na Libraría NUMAX «La Requetemodernidad»

O filósofo, escritor e videoasta amateur Julius Richard achegarase á Libraría NUMAX para presentar o seu libro La requetemodernidad (Amargord Ediciones), un ensaio que parte dunha suxestiva declaración: non sabemos o que o cinema pode.

«O cinema inventouse para pensar mais isto esqueceuse axiña (Jean-Luc Godard). Hai que cruzar o deserto da representación, un deserto que medra. Hai que abandonar a Conspiración Ficticia da Ficción e a Burbulla Cinematográfica: a literatura da imaxinación que, como dixo a mística Simone Weil, é aburrida ou inmoral. A disxunción non é excluinte. Frecuentemente, é ambas cousas a un tempo» (Julius Richard)

A presentación de La requetemodernidad complétase coa proxección na propia Libraría de dous dos seus traballos de vídeo.