Retrospectiva á obra de Ingmar Bergman con 21 copias restauradas
No centenario do nacemento do xenial director sueco Ingmar Bergman (1918-2007), o Cinema NUMAX súmase ao recordatorio da súa figura cunha amplísima retrospectiva de 21 filmes en versión orixinal por vez primeira restaurados en 2K. Do 12 de xuño ao 11 de decembro con pases únicos en martes. En colaboración coa Ingmar Bergman Foundation e A Contracorriente Films.
Cando se cumpren os 100 anos do nacemento do director de Upsala, en NUMAX ofrecémosvos unha oportunidade única para coñecer de primeira man a grandeza dun cineasta fundamental na historia da sétima arte. A retrospectiva bota a andar o martes 12 de xuño coa que posibelmente sexa a súa primeira obra mestra, Un verán con Mónica (1953) e seguiranlle outras 16 fitas restauradas en 2K que percorren o máis selecto da filmografía de Ingmar Bergman. A obras consagradas como O sétimo selo, Amorodos salvaxes, O silencio, Persona ou Gritos e murmurios acompañan pezas menos coñecidas como O rostro, Paixón ou Documento sobre Fårö. Unha ilusionante viaxe que terá a súa fin o 11 de decembro deste 2018 co pase d'A vida das marionetas. Todos os filmes serán proxectados na súa Versión Orixinal Subtitulada en Español (VOSE) e acompañan un evento a nivel mundial, coordinado pola Ingmar Bergman Foundation, de difusión dunha filmografía irrepetíbel.
12 de xuño
Un verán con Mónica (Sommaren med Monika, 1953)
26 de xuño
Noite de circo (Gycklarnas afton, 1953)
3 de xullo
Soños (Kvinnodröm, 1955)
10 de xullo
Sorrisos dunha noite de verán (Sommarnattens leende, 1955)
17 de xullo
O sétimo selo (Det sjunde inseglet, 1957)
24 de xullo
Amorodos salvaxes (Smultronstället, 1957)
31 de xullo
O rostro (Ansiktet, 1958)
7 de agosto
O manancial da doncela (Jungfrukällan, 1960)
14 de agosto
Coma nun espello (Såsom i en spegel, 1961)
21 de agosto
O silencio (Tystnaden, 1963)
4 e 10 de setembro
Persona (Persona, 1966)
18 de setembro
A vergoña (Skammen, 1968)
2 de outubro
A hora do lobo (Vargtimmen, 1968)
9 de outubro
Paixón (En passion, 1969)
16 de outubro
Gritos e murmurios (Viskningar och rop, 1972)
22, 23 e 24 de outubro
Segredos dun matrimonio [Serie TV, 6 capítulos] (Scener ur ett äktenskap, 1973)
30 de outubro
A frauta máxica (Trollflöjten, 1975)
4 de decembro
Sonata de outono (Höstsonaten, 1978)
11 de decembro
Documento sobre Fårö (Fårö-dokument, 1979)
18 de decembro
A vida das marionetas (Aus dem Leben der Marionetten, 1980)
25 de decembro
Fanny e Alexander (Fanny och Alexander, 1982)
- Domingo
- Ver máis
-
-
La Parra
VO
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-