Retrospectiva ao documentalista norteamericano Lionel Rogosin: «Non ficción partisana»
Do 26 de novembro ao 30 de decembro de 2024 temos unha cita semanal ineludible coa Retrospectiva Lionel Rogosin, o ciclo máis completo para descubrir o gran documentalista norteamericano. A primeira sesión será con Sobre o Bowery, o martes 26 ás 19:50h, coa presenza de Michael Rogosin, fillo do cineasta.
Lionel Rogosin é un dos realizadores de cinema documental máis influentes de Estados Unidos. Talvez menos coñecido que figuras totémicas do xénero como Frederick Wiseman ou os irmáns Maysles, o certo é que a súa obra, marcada por un compromiso coa defensa dos dereitos dos máis desfavorecidos que el definía como "non ficción partisana", causou un grande impacto na conformación do free cinema británico.
Tras anos condenado a una escasa circulación, hai unha década que o seu fillo Michael, tamén cineasta, decidiu restaurar e dixitalizar a obra de seu pai, coa colaboración cómplice da Cineteca di Bologna. O resultado é que dez años despois podemos presentar unha retrospectiva case completa do director estadounidense — todo o recuperable—, sumando as tres restauracións máis recientes que se presentaron no festival Il Cinema Ritrovato da cidade italiana. O ciclo abrangue un total de 8 títulos, repartidos no ciclo de NUMAX en 6 sesións, e é o máis completo realizado sobre o director. A recuperación e estrea da obra de Rogosin en España corre a cargo da distribuidora Lost&Found.
Martes 26 de novembro | 19:45h
Sobre o Bowery (1956, 65') * Presentación e coloquio con Michael Rogosin
Tres días de desesperación nun barrio pobre de Manhattan alcumado “The Bowery”, onde estibadores, prostitutas e sen teito con problemas de alcolismo conviven nun difícil equilibrio.
Martes 3 de decembro | 19:35
Volve, África (1959, 86')
Retrato das duras condicións do apartheid a través das vidas dun pequeno grupo de intelectuais locais, con dificultades para atopar traballo e obter o pase que lles permitiría desprazarse na área de Johannesburgo con liberdade.
Martes 10 de decembro
Bos tempos, marabillosos tempos (1965, 73') + Vaia par de chalados (1966, 10')
Rogosin visitou en dous anos 12 países para recoller imaxes de atrocidades de guerra dos seus arquivos. Estas escenas se intercalan cun luxoso e intranscendente cóctel en Londres, deixando ao descuberto a indiferenza de Occidente ante esta violencia.
Martes 17 de decembro
Raíces negras (1970, 63') + Diálogo árabe-israelí (1974, 40')
En Raíces negras personalidades da loita polos dereitos dos afroamericanos, como o reverendo Frederick Douglass ou a avogada feminista Florince ‘Flo’ Kennedy, contan historias de opresión ao ritmo da súa música popular, outra forma de relato e resistencia. En Diálogo árabe-israelí, un poeta palestino e un xornalista israelí debaten as posibles saídas a un conflito que leva enfrontando as súas comunidades durante décadas sen que se advirta un fin próximo ás tensións territoriais coas que conviven cada día.
Luns 23 de decembro
Fantasía negra (1972, 80')
Baseada nas experiencias do músico afroamericano Jim Collier e o seu matrimonio interracial, Fantasía negra combina realidade e fantasía poética para explorar que significa ser unha persoa negra na sociedade branca da época. Na súa estrutura combina un monólogo improvisado e planos de Collier interpelando directamente á cámara en busca da realidade psicolóxica dun individuo negro cuxa conciencia racial foi imposta pola súa contorna e a sociedade.
Luns 30 de decembro
Leñadores do sur profundo (1973, 85')
Alabama. Leñadores brancos e negros, tradicionalmente enfrontados, únense nunha cooperativa para vender a madeira dos piñeiros que cortan. A necesidade de facer prosperar o negocio obrígaos a vencer vellas rifas nun ambiente de mutua desconfianza.