Roberta Vázquez presenta «Casa Desastre» na Libraría NUMAX
A ilustradora Roberta Vázquez presenta Casa Desastre, un libro cun universo moi particular que festexa o absurdo e a amizade, este xoves 7 de marzo ás 20h00 na Libraría NUMAX. Estará acompañada pola tamén ilustradora e DJ Teresa Ferreiro. A entrada é libre ata completar aforo.
Roberta Vázquez é unha das ilustradoras de cómic máis reputadas e este é o seu primeiro cómic infantil. Cun universo persoalísimo, vándalo a máis non poder, onde o humor e a celebración do absurdo son os grandes protagonistas. A medio camiño entre cómic (viñetas) e libro de lectura, un debut divertidísimo, intelixente e tamén moi tenro. Unha celebración da amizade, de vivir en comunidade e de axudarse os un aos outros.
Érase unha vez unha casa, unha casa marabillosa: tiña xardín, faiado e soto. Só lle faltaba unha piscina. E os habitantes… eran boa xente, aínda que ás veces podían ser un pouco estrafalarios. Ou directamente un auténtico desastre… porque o habitual era que a liasen ben parda. O que é seguro é unha cousa: nesta casa é imposible aburrirse.
Roberta Vázquez é ilustradora e debuxante de cómics. Vive e traballa en Barcelona. Colaborou con medios como Vice, El Jueves, El País Semanal, Marie Claire, Glamour, Cáñamo… En 2019 publicou o seu primeiro cómic ¡Socorro!, coa editorial Apa-Apa. Tamén autoedita os seus fanzines e traballa como ilustradora freelance.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE