Cinema

Noite de Samaín con «Andei cun zombie» e «O último late night»

Por segundo ano consecutivo a Noite de Samaín chega á nosa pantalla con dúas suxestivas propostas que se alongarán máis aló da medianoite do xoves 31 de outubro: Andei cun zombie, de Jacques Tourneur, e O último late night, de Cameron e Colin Cairnes. Se asistes ao programa completo poderás gozar de ambas películas por un prezo reducido de 9€, que, no caso das abonadas, será de 7€. Oferta válida só para as entradas mercadas en billeteira.

Xoves 31 de outubro ― 22:00h
Andei cun zombie (I Walked with a Zombie, Jacques Tourneur, 1943)
Vudús, zombies e maxia negra danse cita nunha illa misteriosa do Pacífico neste filme de culto do terror de serie B, dirixido polo xenial Jacques Tourneur (director d'A muller pantera) e producida por Val Lewton. Unha obra visualmente sobrecolledora e moi influente para cineastas contemporáneos como Pedro Costa ou Mati Diop.

 

Xoves 31 de outubro ― 23:30h
O último late night (Late Night with the Devil, Cameron e Colin Cairnes, 2023)
Dun clásico dos 40 a outro que promete converterse nun título de culto contemporáneo. Na noite de Halloween de 1977, o caos desátase cando o presentador Jack Delroy entrevista a unha parapsicóloga e a unha moza adolescente que é a única supervivente dunha matanza masiva nunha igrexa satánica.