Libraría

Santiago Alba Rico presenta o seu libro «De la moral terrestre entre las nubes» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acollerá o próximo xoves 11 de xaneiro ás 20:00h a presentación de De la moral terrestre entre las nubes, unha antoloxía de artigos breves editada por Pepitas de Calabaza, do escritor e ensaísta Santiago Alba Rico. Na actividade, o autor estará acompañado polo investigador e docente Germán Labrador. A entrada é libre ata completar aforo.

De la moral terrestre entre las nubes recolle unha ampla antoloxía de ensaios breves que Santiago Alba Rico veu elaborando nos últimos anos. El afirma que xa non existen filósofos. Sen embargo, a súa obra expresa a vontade titánica de espertarse cada mañá antes de que esperten as cousas —esas que xa nunca se deitan— e constitúe unha das miradas máis afiladas, máis profundas, máis brillantes y máis literarias arredor do noso mundo e as súas encrucilladas. Esta actividade, a primeira presentación do ano 2024, será o xoves 11 de xaneiro ás 20:00h, na que o autor estará acompañado polo investigador e docente Germán Labrador. A entrada é libre ata completar aforo.

Santiago Alba Rico é escritor e ensaista. Estudou filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Foi guionista nos anos 80 do mítico programa de televisión La bola de cristal e publicou máis de vinte libros sobre política, filosofía e literatura, así como tres contos para nenos e unha obra de teatro. Colaborou e colabora con distintos medios de comunicación (Público, Ctxt, Ara, eldiario.es, El País, entre outros). Os seus últimos libros chámanse España (Lengua de Trapo, 2021) e Catorce palabras para después del capitalismo (Ctxt, 2023). En Pepitas, ademais deste libro, publicou ¡Viva el Mal, viva el Capital!.