Libraría

Desconto do 10% este xoves 16 de maio nas túas compras de Libraría

O xoves 16 de maio, antesala do Día das Letras Galegas, terás un 10% de desconto nas compras que fagas na Lilbraría NUMAX, tanto física como on line. Achégate a descubrir a nosa escolma para as Letras Galegas!

A Semana das Letras Galegas na Libraría NUMAX inaugúrase mércores 15 de maio ás 20:00 coa presentación de Acción Catódica, publicada pola revista Luzes. Esta publicación compila artigos sobre as "series que inspiraron a nosa realidade" e para falar dela contaremos coa presenza das e dos "serió[email protected]"María Yáñez, Montse Montaos, Valeria Pereiras, Juan Janeiro e Luís Pardo.

O xoves 16 acolleremos outro evento literario: a presentación d´A foresta e as árbores, publicado por Galaxia e o Grupo de Estudos Audiovisuais. No acto estarán a coordinadora do libro e catedrática en Comunicación Audiovisual, Margarita Ledo Andión e as autoras e autores presentes no volume: Marta Pérez Pereiro, María Soliña Barreiro, Antía López Gómez, Fernando Redondo Neira, José Luis Castro de Paz, Enrique Castelló Mayo, Xosé Nogueira Otero e Iván Villarmea Álvarez.