Música en galinglego na presentación de «Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth»
Mark Wiersma e Miguel Mosqueira poñen letra e música a Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, segunda entrega dun proxecto único no mundo, un musical futurista no que conviven en harmonía galego e inglés e cuxo resultado os autores denominan galinglego. A cita, o xoves 9 de novembro ás 20:00 na Libraría NUMAX.
Xullo de 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego. Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade. Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo.
Armados con ampli e guitarra, Wiersma e Mosqueira presentarán na Libraría NUMAX Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, un libro de 120 páxinas cun cd de audio de máis de 50 minutos no que se interpretan os diálogos e as dez cancións que contén a historia. Dez temas en galego e inglés, un audioteatro interesante e inventivo, debuxos de calidade a cargo de Iván Sende e Lots of Fun for the Whole Family!
No volume participaron amais de Wiersma e Mosqueira, Xiana Arias, Carlos Blanco, Roi Vidal, Álex Charlón, Sonia García, Marcos Paino e Tomás Axeitos.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE