Libraría

Soledad Puértolas e Elena Cianca presentan «Alma, nostalgia, armonía y otros relatos sobre las palabras»

luns 27 de febreiro ás 20h00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación do libro Alma, nostalgia, armonía y otros relatos sobre las palabras (Anagrama), escrito a catro mans entre a escritora Soledad Puértolas e a filóloga Elena Cianca. No acto estarán acompañadas polo escritor Suso de Toro. A entrada é libre ata completar aforo. 

O libro Alma, nostalgia, armonía y otros relatos sobre las palabras é un libro sobre as palabras, sobre a vida e os segredos que elas gardan. Esta exploración lévase a cabo da man das obras literarias que as empregan, os diccionarios que as definen e as persoas falantes que as manteñen vivas. Escrito por unha narradora e unha filóloga, este libro que é a un tempo erudito e amenísimo, dividese en dúas partes: na primeira, a narradora –Soledad Puértolas– explora como escritora e lectora a vida das palabras e os séculos que ten o noso idioma as súas costas; na segunda, a filóloga –Elena Cianca– añade unha análise académica aos percorridos da primera. Na presentación, que terá lugar o próximo luns 27 de febreiro ás 20h00 no espazo de Libraría, estarán acompañadas polo escritor Suso de Toro. A entrada é libre ata completar aforo.

Soledad Puértolas (Zaragoza, 1947) publicou en Anagrama doce novelas: El bandido doblemente armado (Premio Sésamo 1979), Burdeos, Todos mienten, Queda la noche (Premio Planeta), Días del Arenal, Si al atardecer llegara el mensajero, Una vida inesperada, La señora Berg, Historia de un abrigo, Cielo nocturno, Mi amor en vano e Música de ópera; oito libros de contos: Una enfermedad moral, La corriente del golfo, Gente que vino a mi boda, Adiós a las novias, Compañeras de viaje, El finChicos y chicas Cuarteto; dous volumes de textos autobiográficos: Recuerdos de otra persona e Con mi madre, e o ensaio La vida oculta (Premio Anagrama). Os seus libros foron traducidos a numerosos idiomas. En 2003 foi galardoada co Premio das Letras Aragonesas, e en 2010 foi nomeada membro da Real Academia Española.

Elena Cianca (Madrid, 1960) é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Desenvolveu a súa carreira profesional na Real Academia Española, principalmente como coordinadora do Diccionario de la lengua española e, nos últimos anos, como codirectora lexicográfica do Diccionario panhispánico del español jurídico. Publicou artigos sobre diversos temas filolóxicos, como o léxico do calzado, o obxeto e a palabra na obra de Azorín, os desdobramentos léxicos dende a perspectiva histórica ou a linguaxe xuvenil. Tamén publica artigos divulgativos, especialmente sobre historia do léxico. Simultaneando estes traballos co estudo da obra literaria de Alonso Zamora Vicente, de cuxo libro Primeras hojas prepara unha edición crítica.