Libraría

Stefanía Caro presenta «Pómulo y lejanía» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Pómulo y lejanía (Consonni) de Stefanía Caro o vindeiro venres 29 de novembro ás 19h00. A autora estará acompañada da historiadora da arte Lucía Amoedo. A entrada é libre ata completar aforo.

Unha profesora de danza senta no seu escritorio de madrugada para trazar a súa última coreografía, aquela que lle permita non bailar nunca máis. Abandonou unha relación, a súa profesión, a súa posible maternidade. Proponlle unha aventura á súa nai, unha muller que unha tarde decidiu deixar de camiñar. Un baile en forma de paseo. Ambas percorren a súa cidade de provincias en dirección ao oriente, cara á luz.

Conforme a viaxe avanza, o traxecto convértese no protagonista. Un camiño en liña recta que atravesa a cidade. Que cruza este libro. Que segue máis aló. Un libro íntimo e poético que a través desta peregrinaxe introdúcenos nos desexos, ausencias e penas, moitas veces non desveladas, dunha nai e a súa filla. De transfondo, a cidade, o traxecto compartido, personaxes que as acompañan, unha historia da danza e coreografías

Stefanía Caro traballou en diferentes medios de comunicación en Barcelona, Pamplona e Berlín. En 2011 distanciouse da prensa para dedicarse ás artes escénicas e ao estudo do movemento. O interese polo corpo conduciulle á danza contemporánea. Bailando percibe as dimensións da felicidade. Atraída por descubrir outras linguaxes de movemento, viaxou a Exipto, Líbano e India. En 2021 propúxose contar todo isto nun libro, seica un que falase dun camiño cara a oriente. E ese proxecto tardou anos en tomar vida. Recentemente publicou un relato na antoloxía de contos Veinte aullidos del pianista (Demipage). Actualmente combina o seu labor como escritora co ensino.