Cinema

Tempada de arte: as grandes figuras da arte no Cinema NUMAX

O luns 14 e martes 15 de xaneiro arranca en NUMAX Tempada de arte, un estimulante ciclo de filmes rodados en 4K que nos achegan ás grandes figuras da historia da arte. D'Os nenúfares de Monet á vida e a obra de Van Gogh, Degas, Picasso, Leonardo, Klimt, Schiele e Rembrandt.

A Tempada de arte é unha viaxe a través de grandes exposicións, museos e a biografía dos artistas máis influentes da historia. Sete coidadas longametraxes documentais rodadas en 8K e 4K que permitirán ao público de NUMAX un encontro co proceso creativo de artistas da talla de Claude Monet, Vincent Van Gogh, Edgar Degas, Pablo Picasso, Leonardo da Vinci, Gustav Klimt, Egon Schiele ou Rembrandt. A continuación tedes o calendario completo do programa:

  • 14 e 15 de xaneiro: Os nenúfares de Monet (Giovanni Troilo, 80')
  • 25 e 26 de febreiro: Van Gogh. Dos campos de trigo baixo ceos nubrados (Giovanni Piscaglia, 70')
  • 25 e 26 de marzo: Degas, paixon pola perfección (David Bickerstaff, 85')
  • 29 e 30 de abril: O mozo Picasso (Phil Grabsky, 85')
  • 6 e 7 de maio: Leonardo, quinto centenario (Francesco Invernizzi, 90')
  • 3 e 4 de xuño: Klimt & Schiele. Eros e psique (Michele Mally, 90')
  • 1 e 2 de xullo: Rembrandt (Kat Mansoor, 97')