Librería

Teresa Moure presenta «La edad bajo sospecha» na Libraría NUMAX

A docente e escritora Teresa Moure presentará o próximo xoves 25 de maio ás 20:00 o seu ensaio La edad bajo sospecha. Una crítica al edadismo y las edadofobias publicado por Catarata. A autora estará acompañada polo político e escritor Xosé Manuel Beiras e polo estudante Sergio Canhón. A entrada é libre ata completar aforo. 

Se na nosa época as categorías de xénero ou raza saltaron polos aires, como traxes que nos viñan estreitos, a idade continúa aí, dictando esquemas de comportamento. Teresa Moure analiza en La edad bajo sospecha o fenómeno do edadismo e das edadofobias, mostrando que, sen limitarse á vellez, como comunmente se fixo, detrás de etiquetas aparentemente inocuas agochase unha forma de control e discriminación exercida sobre todas as franxas da vida. Pon así ao descuberto as metáforas, prexuizos e estereotipos que sustentan a idade como aspecto primordial para interpretar a nosa existencia e identidade, ao mesmo tempo que reflexiona sobre as desviacións a este imaxinario. A presentación terá lugar o xoves 25 de maio ás 20:00 horas no espazo da Libraría NUMAX, coa presenza da autora acompañada do político e escritor Xosé Manuel Beiras e do estudante Sergio Canhón. A entrada para asistir a este acto é libre ata completar aforo.

Teresa Moure (Monforte de Lemos, 1969) é novelista, poeta, ensaísta, dramaturga e profesora titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. As súas obras foron traducidas a diversos idiomas obtendo un importante recoñecemento por parte da crítica e do público. Na súa traxectoria investigadora e docente centrouse en universales da linguaxe, ecoloxía lingüística e estudos de xénero. Teresa Moure aborda os valores sociais cun perfil inconformista, crítico e dun profundo interés por contemplar a realidade. Entre as súas obras podemos destacar Herba Moura (Xerais, 2005), Un elefante no armário (Através Editora, 2017), Unha primavera para Aldara (Premio María Casares de teatro), A palabra das fillas de Eva (ensaio que foi Premio da Crítica galega en 2005) ou Sopas New Campbell.