Presentación de 'Tra(n)shumancias', de Luz Pichel, e 'Sectores de fogo', de Xoan C. Rodríguez, esta semana en NUMAX

Para pechar o mes de maio temos dúas novas presentacións de libros en NUMAX: Tra(n)shumancias, de Luz Pichel, ten a súa quenda o xoves 28 ás 20h, e contaremos coa presenza da autora e a introdución de Olalla Cociña e Gonzalo Hermo. Un día despois, venres 29 ás 20h, teremos connosco a Xoan C. Rodríguez para achegarnos ao seu Sectores de fogo, acompañado da poeta Chus Pato e do ilustrador e deseñador do libro, Alejandro Caporale.

«Tra(n)shumancias propone una travesía por espacios, tiempos, edades, género(s), lenguas de lo más común, vías que chocan, se superponen o se acompasan como el objeto y su sombra. Las fronteras son cuerdas largas/adivales sobre los que no es fácil tenerse en equilibrio, abiertos los brazos y los ojos a todas las ex/tensiones migratorias. Por el valle de allí, aldeas que son lenguajes y se ofrecen como un regalo. Por este otro, la conciencia/zoadeira comunal/un grillo mío mío no/el sonido del viento en un bosque, que es misterio, da miedo, promete y se reparte.» Luz Pichel (Alén-Lalín, Pontevedra, 1947) é autora dos seguintes libros de poesía, en castelán: El pájaro mudo, La marca de los potros, El pájaro mudo y otros poemas; en galego publica Casa pechada, e en castrapo Cativa en su lughar, unha reescritura libre e leal de Casa pechada.

Sectores de fogo, pola súa banda, é un proxecto de autoedición asinado por Xoan C. Rodríguez, quen anteriormente formou parte de Ronseltz e publicou Occidencia, ademais de Leningrad en colaboración con Misha Bies Golas. A contracapa do libro anticipa o que podedes atopar no seu interior: «Alguén lle preguntou que como se chamaba. Respondeu que era O porco de Pé. O doutor díxolle que aparecera nunha corte de marraos escarvando na terra como enterrándose. Díxolle que unhas veces se enterraba e outras se desenterraba. Quixo saber se era escritor. E se cría ser as personaxes dos seus propios relatos. // Dixen que no, que era todo unha performance. Un simulacro».