Libraría

Vari Caramés presenta o libro «Bosque animado» na Libraría NUMAX

O fotógrafo Vari Caramés presenta o libro Bosque animado o vindeiro venres 23 de febreiro ás 20h00 na Libraría NUMAX acompañado polos editores de Fabulatorio, Cibrán Rico e Suso Vázquez. A entrada é libre ata completar aforo.

«La fraga recuperó de golpe su alma ingenua, en la que toda la ciencia consiste en saber que de cuanto se puede ver, hacer o pensar, sobre la tierra, lo más prodigioso, lo más profundo, lo más grave es esto: vivir». El bosque animado, Wenceslao Fernández Flórez.

«Temos que expoñer algún día xuntos», dicíalle a Ángeles. Ela respondía cun xesto: «Estás tolo. Concéntrate no teu». Este paseo pola Fraga de Cecebre (A Coruña), onde Wenceslao Fernández Flórez se inspirou para o seu libro El bosque animado, quere ser unha lembranza e unha homenaxe a aqueles momentos en que as luces e os soños nos rodean e rumorean coma as árbores da novela. Ángeles Sales pintou unha serie en que abrazaba as árbores con papeis. Fretábaos coas mans para que neles quedase a pegada da súa casca e despois coloreábaos con acuarelas. Titulouna Bosque, o noso bosque animado. Asinaba M. S.

Vari Caramés (Ferrol, 1953). Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.