«Espazos para habitar, espazos para crear», conversa con Xelís de Toro e Marga Tojo
A Libraría NUMAX acollerá o próximo mércores 18 de outubro ás 20:00h da tarde a conversa literaria entre o artista e escritor Xelís de Toro e a poeta e xornalista Marga Tojo baixo o nome «Espazos para habitar, espazos para crear». A entrada é libre ata completar aforo.
O diálogo comenzará con Xelís de Toro presentando a idea de espazo vital e os seus límites en relación co espazo mental e como aparece reflectido no libro Etceteramente e Marga Tojo falará do espazo para habitar e crear desde o punto das mulleres creadoras, para despois seguir nunha conversa entre ambos. Este diálogo forma parte das Conversas etceteramente, que reúne temas relacionados co libro Etceteramente, Xerais, 2022) e que se poden consultar aquí: https://xelisdetoro.net/etceteramente
Xelís de Toro é escritor e artista. Ten publicado os seguintes libros: Seis cordas e un corazón (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), Non hai misericordia (Xerais 2003), Terminal (1994); Os saltimbanquis no paraíso (1999), The Corunna boats (Xerais 2004); Riofero (Xerais 2009), O libro das pontes invisibles (Pighog Press, 2012); O gato fantasma (Xerais 2013), A porta dourada (Xerais 2018), e Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope (Xerais 2021). Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/.
Marga Tojo é escritora e xornalista. Debutou na poesía con Últimos bruídos (Positivas, 2016) e arder (Positivas, 2021). É Premio Internacional de poesía para nenos e nenas Ciudad de Orihuela 2017 por Cara de velocidad (Kalandraka, 2018). Colaborou con eldiario.es, Luzes, Praza Pública, Revista do Audiovisual Galego ou Galizaanocero TV. Cofundou o proxecto xornalístico Dioivo. Traballou na área de políticas sociais do xornal Galicia Hoxe até o día do seu peche. É especialista en dirección de comunicación. Maternidade fóra de catálogo (Xerais, 20 18) é o seu primeiro libro de ensaio.
- Domingo
- Ver máis
-
-
Andei cun zombie
VOSE
-
-
A hora da estrela
VOSE
-
-
Salve María
VOSE
-