Mdou Moctar:
Akounak Teggdalit Taha Tazoughai
Estrea en colaboración cos festivais composteláns Curtocircuito e WOSINC. O primeiro filme da historia rodado en lingua tuareg polo seu protagonista, Mdou Moctar, o maior representante do “blues do deserto” que actuará tamén no WOSINC. Entrada libre até completar aforo.

Curtocircuito, que contará con NUMAX entre as súas sedes na edición de 2015, celebra o xoves 10 de setembro ás 22.00h unha proxección especial en colaboración co WOSINC, festival de música alternativa e de vangarda que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 11 e o 13 de setembro. Akounak Teggdalit Taha Tazoughai foi a primeira película rodada en lingua tuareg e toda unha oportunidade de descubrir o cinema africano. Este filme é o resultado dunha campaña de crowdfunding levada a cabo polo seu protagonista e músico Mdou Moctar, o maior representante do «blues do deserto». Mdou, que fixo vibrar a todo o Primavera Sound co seu directo, actuará tamén no WOSINC.

A entrada será libre ata completar aforo e os convites pódense recoller o mesmo día do concerto a partir das 20h na billeteira de NUMAX.