Fabulatorio presenta 'Boas Noites' de Jesús Madriñán en la librería NUMAX

El proyecto editorial dirighido por Cibrán Rico Lóprez y Suso Vázquez Gómez trae a nuestra librería su último trabajo, 'Boas Noites', que recoge una colección de retratos tomados en localdes de ocio nocturno en del entorno rural gallego por Jesús Madriñán, que acompañará a los editores en la presentación.

«Boas Noites» é unha colección de retratos tomados en locais de ocio nocturno no rural galego. Esta serie, nacida como continuación profesional e vital da serie «Good Night London», pretende documentar a realidade deses espazos acompañando os retratos con imaxes da natureza que os rodea realizadas a poucos metros dos locais (Jesús Madriñan)

Os lugares da infancia son os teus lugares, o adolescente é un ser expropiado do espazo que foi seu. Todo de súpeto é alleo. Tamén o noso corpo resulta alleo. Está de máis, está de máis mesmo dentro de si; a miúdo incómodo, a miúdo irascible. Tendemos a esquecer coa idade o valor que nos foi necesario, a incerteza, o esplendor, o desexo, a forza orgánica que nos impulsou ao encontro do outro. Porque a mocidade só se pode atopar no outro; o outro é quen nos desvela, o que nos retrata. [...] O tempo comeza a contraerse, é a hora da urxencia; da insatisfacción, todo é necesario. Por iso, cando miramos estes retratos, ollamos, en certa maneira, nun espello crebado. (David Pérez Iglesias. Extracto do texto «Emerxen do escuro, como flores da noite»)

Visualmente rechamantes e impecablemente rematadas, as fotografías de Madriñán resultan atractivas e fascinantes grazas á súa honestidade e proximidade. Con todo, o maior logro do seu traballo non reside en captar a atención do espectador, senón en conseguir mantela coa fin de que a imaxe se converta nun portal a través do que propoñer reflexións de índole máis íntima e profunda. (Monse Pis Marcos)

Jesús Madriñan, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e cun Máster en Fotografía pola escola Central Saint Martins (Londres). A traxectoria de Jesús Madriñán conta con numerosas exposicións individuais, entre as que destacan: «La finca», Festival Menotrentuno, Italia, «Looking for Something», We Are Arts Gallery, Londres, «Slow Motion»,Centro Torrente Ballester, Ferrol, ou as adicadas a súa serie «Good Night London» no Centro Cultural Kavlin de Punta del Este, Uruguay, e nos Centros Culturais de España en México D.F. e Montevideo. Actualmente é artista en residencia na Reale Accademia di Spagna a Roma.

Fabulatorio  é o proxecto editorial que desenvolven dende 2012 Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez. Arquitectos de formación, adícanse profesionalmente ao deseño gráfico no seu estudio desescribir, que nas súas palabras é "a maneira que temos de expresar un desexo e unha necesidade: a de cuestionar, poñer en dúbida e, cando é posible, repensar a realidade." Neste contexto, Fabulatorio "quere experimentar nas capacidades que ten o libro como obxecto para comunicar significados; investigar na relación íntima entre a súa forma e a transmisión e a posta en valor do seu contido". Fuxindo tanto da obra de coleccionista coma da produción en masa, no seu catálogo atópanse libros de urbanismo, poesía e outras artes que publican sen apoio institucional, potenciando os valores do local e coidando as súas producións dende a idea da que nacen até o prelo onde se imprimen. Todos os seus libros pódense atopar na nosa libraría.