Gabe Klinger visita o Cinema NUMAX este domingo 11 de outubro.

Este domingo 11 de outubro acolleremos en NUMAX a Gabe Klinger, que presentará no Cinema NUMAX o seu último filme "Double Play: James Benning & Richard Linklater" máis a curta de James Benning "Chicago Loop", de 1976.
<p>O filme forma parte da serie de referencia creada por Janine Bazin e André S. Labarthe <i>Cinéma, de notre temps</i>, composta por retratos de cineastas filmados por outros cineastas para trazar un percorrido desde inicios do século XX que alcanza os nosos días.</p><p><i>Double Play: James Benning & Richard Linklater</i> presentouse no Festival de Venecia de 2013, onde recibiu o galardón ao mellor filme documental.</p><p>De entrada, a conexión pode non semellar evidente, mais en canto se xuntan os dous ben vemos que James Benning e Richard Linklater son vellos amigos. Linklater viña de rematar <i>Before Midnight</i>, que pechou a triloxía que levaba filmando os últimos 20 anos. Pero cando creou o cineclube da súa vila de Austin, Texas en 1985, o primeiro cineasta que convidou foi o minimalista James Benning. Benning (1942, Milwaukee, Wisconsin) fai filmes desde hai 40 anos e a súa contribución ao cinema experimental americano é fundamental. É profesor no California Institute of the Arts e en Bard College.</p><p>Gabe Klinger (São Paulo, Brasil, 1982) é profesor, crítico e programador. Estudou cinema na Universidade de Illinois e no Columbia College de Chicago. Double Play: James Benning & Richard Linklater é o seu primeiro traballo como director, e xa está a piques de rematar os seus novos proxectos.</p>
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Antes de nós
VO
-
-
Sirat
VOSG
-
-
Sirat
VOSG
-
-
The Last Showgirl
VOSE