A 18ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico vívese en NUMAX
Un ano máis a MICE do Museo do Pobo Galego terá en NUMAX unha das súas principais sedes con sesións do xoves 16 ao domingo 19 de marzo. As entradas son gratuítas até completar aforo pero xa se pode reservar praza na nosa web ou billeteira cun máximo de 2 entradas por persoa.
A 18ª MICE arranca na nosa sala o xoves 16 cunha das grandes revelacións do cinema español da última década: Destello Bravío. A sesión contará coa presenza da súa autora, Ainhoa Rodríguez, que ao remate da proxección participará nunha mesa redonda xunto con membros da revista dixital A cuarta parede. O venres arrancaremos cunha sesión de curtas escolmadas polo Cineclube de Compostela arredor do concepto de rururbanía e remataremos a xornada coa nosa querida COW, de Andrea Arnold.
Na xornada do sábado viaxaremos ao asentamento humano máis elevado do planeta en Eldorado XXI, da portuguesa Salomé Lamas e ás terras da Chafana co xeógrafo Álvaro Domingues en Dispersos pelo centro. Rematamos o domingo 19 achegándonos ao Carlingford Lough, un fiordo situado ao norte de Irlanda, en Four Seasons in a Day.
Xoves 16 - 20:30
Destello Bravío (Ainhoa Rodríguez, 98'). Coloquio ao remate da proxección con membros d'A cuarta parede.
Venres 17 - 20:30
Al Sandawich (12') + The Conwy Crossing (39') + Guías turísticas satánicas. O polígono de Coia (9')
Venres 17 - 22:00
Cow (Andrea Arnold, 94')
Sábado 18 - 18:00
Eldorado XXI (Salomé Lamas, 125')
Sábado 18 - 20:30
Dispersos pelo centro (Antón Aleixo, 77')
Domingo 19 - 18:30
Four Seasons in a Day (Annabelle Verbeke, 75')
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Emilia Pérez
VOSE