Libraría

Ana Santiso presenta o seu poemario «Cidade Cemento» na Libraría NUMAX

O luns 10 de xuño ás 20:00 coñeceremos da man da súa autora A cidade cemento, de Ana Santiso. Xunta ela estarán a mestra Marga Alborés, Violeta Varela Santiso, lectora de 10 anos, e Carlos Lema, director de edicións da editorial Galaxia.

“En Cidade Cemento hai un ceo de fume, hai xente que vai pola rúa ensumida, e xente que vén mirando o seu móbil. Hai un capitán que agarda o seu barco, sentado, calado, onde para o tranvía. Hai unha nena que busca e descobre e invéntase un mundo de cor e contento para alumarlle os días a Cidade Cemento".

Ana Santiso é ilustradora, debuxante e muralista. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, obtén o título de Técnico Superior en Ilustración na Escola Massana de Barcelona. Inicia a súa carreira como ilustradora no 2010. Dende entón ilustrou 17 títulos, dous deles da súa autoría, con diversas editoriais galegas. Como muralista realiza intervencións ao longo de toda a xeografía galega, especialmente en zonas rurais.