Librería

Clubes de lectura de abril: «Rotas» y «Tea Rooms»

En abril propoñémosvos dúas sesións independentes de clubs de lectura ás que poderedes apuntarvos de xeito individual. A primeira delas celebrarase o 8 de abril ás 20:00h, será sobre Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (Positivas) de Montserrat Fajardo e estará coordinada pola propia autora. A segunda será na semana do Día da Clase Traballadora e por iso escollemos o libro de Tea Rooms (Hoja de Lata) de Luisa Carnés. O encontro celebrarase o 29 de abril ás 20:00h e estará conducinda por Lucía Ramiro, socia trabajadora de NUMAX e fan desta escritora.

Neste novo formato de clubs de lectura a inscrición realizarase a través dun formulario web ou presencialmente na libraría. Cada unha das sesións terá un custo de 6€ (por sesión). O pago farase de forma presencial na libraría, previamente á celebración da actividade. O custe das sesións irá destinado a pagar a coordinación e a remuneración das persoas que as realizan. A reserva de praza para a sesión non estará confirmada ata realizar o pago.

Para que as sesións do club de lectura se leven a cabo, será preciso un grupo mínimo de 10 persoas (por sesión), e un máximo de 15 persoas.

A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no club de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX. 

Inscrición Club de lectura Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela: pincha aquí
Inscrición Club de lectura Tea Rooms: pincha aquí.

_____________________

Martes 8 de abril de 2025 | 20:00h
Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela de Montserrat Fajardo (Positivas) - Montserrat Fajardo
Obra gañadora do Premio Selic 2023.

Non é doado romper o silencio sobre as mulleres que permaneceron no manicomio de Conxo durante o franquismo. Rotas é o resultado de buscar nos arquivos, na memoria oral e na escasa bibliografía existente, a pegada das galegas máis esquecidas entre as esquecidas da historia; as que foron borradas mesmo do álbum familiar ou contadas polo pobo con relatos de loucura sen mirar as cicatrices que lles deixara o tempo das irrupcións nocturnas, das violacións ou dos mozos asasinados.

Se ningunha época foi fácil para as tolas, o golpe de Estado de 1936 e a ditadura que trouxo consigo complicárono todo aínda máis: Agravaron doenzas, provocaron traumas e agocharon en Compostela todas aquelas mulleres que había que borrar das vilas por tornarse estorbo. Rotas busca sacalas da cela do esquecemento e, a través das súas vivencias, verter cordura sobre o relato da nosa propia historia.

Inscrición Club de lectura Rotas: pincha aquí.

____________________

Martes 29 de abril de 2025 | 20:00h
Tea Rooms de Luisa Carnés (Hoja de Lata) - Lucía Ramiro
Na semana do Día da Clase Traballadora, conversaremos sobre xoia escrita por Luisa Carnés que nos achega á realidade das mulleres traballadoras de comezos de século XX.

Corren los años treinta en Madrid y las trabajadoras de un distinguido salón de té cercano a la Puerta del Sol ajustan sus uniformes para comenzar una nueva jornada laboral. Antonia es la más veterana, aunque nunca nadie le ha reconocido su competencia. A la pequeña Marta la miseria la ha vuelto decidida y osada. Paca, treintañera y beata, pasa sus horas de ocio en un convento y Laurita, la ahijada del dueño, se tiene por una «chica moderna». El jornal de tres pesetas no les da para vivir a ninguna, pero todos callan, no vaya a ser…Están acostumbradas a callar: frente al jefe, frente al marido, frente al padre. A callar sus deseos con la adormidera de la religión. Únicamente Matilde tiene ese «espíritu revoltoso» que tanto reclama la narradora cuando consigue colarse entre la cháchara jovial de las chicas.

Inscrición Club de lectura Tea Rooms: pincha aquí.