Daniel Turienzo presenta o ensaio «Educafakes» na Libraría NUMAX
O docente Daniel Turienzo vistará a Libraría NUMAX o mércores 18 de setembro ás 19:00h para presentar o seu ensaio Educafakes, escrita xunto a Jesús Rogero. O autor estará acompañado pola profesora e xornalista Raquel Cecilia. A entrada é libre ata completar aforo.
A educación reflicte o modelo de individuo e sociedade ao que aspiramos. Así, as cuestións educativas sitúanse no centro da batalla cultural que caracteriza o noso tempo, pois utilizanse para preservar intereses e privilexios económicos, relixiosos e partidistas. Pero determinados sectores sociais e medios de comunicación avivan o ruído e a confusión, o que conduce a conclusións rápidas e simples, en lugar de a unha discusión fundamentada. Jesús Rogero e Daniel Turienzo revisan críticamente boa parte do que nos contaron sobre a educación española e non se sostén desde as investigacións e a argumentación rigorosa, cuestionando a veracidade de varios mitos, falsidades ou prexuízos sobre o sistema educativo español —educafakes—. O libro componse de seis bloques que abordan o modo en que avaliamos a educación, as opinións habituais sobre a igualdade de oportunidades, a relación entre o esforzo e as traxectorias académicas e laborais, o modo en que o noso sistema educativo distribúe e selecciona ao alumnado segundo a súa orixe socioeconómica, o seu desempeño académico, o seu xénero e as súas capacidades, a espiñenta relación entre educación e política, o funcionamento e alcance das políticas educativas no noso país, e certas premisas sobre o financiamento do sistema educativo.
- Hoxe
- Ver máis