A Libraría NUMAX celebra o Día do Libro este mércores 23 de abril :)

Este mércores 23 de abril a Libraría NUMAX celebra o Día do Libro. Abriremos ao público en horario de 10:30 - 14:00 (mañá) e 16:00 - 20:30 (tarde) con descontos do 10% en todos os libros en tenda e na nosa web.
Calquera compra feita na Libraría NUMAX durante a xornada do mércores 23 de abril terá un 10% de desconto tanto na tenda física como a través da nosa páxina web. Ademais, ese mesmo día entre todas as vendas en libraría farase un sorteo dunha entrada dobre para unha das películas en carteleira no cinema NUMAX, sesión a escoller.
O mércores 23 de abril ás 19:45 da tarde, proxectaremos un pase especial polo Día do Libro do filme Cluny Brown de Ernst Lubitsch, adaptación da novela de Margery Sharp editada en Hoja de Lata. A película conta a historia de Cluny, unha moza apaixoada da fontanería, cuxo tío a envía a servir como criada a unha rica mansión inglesa uns días antes do comezo da Segunda Guerra Mundial. A vida alí é dura, pero pasa mellor os días cun refuxiado checo, convidado dos donos da mansión. Ambos se identifican como "almas desprazadas", pero ela non quere nada romántico con seu novo amigo. As entradas para este pase especial xa se poden mercar en numax.org!
Como xa vén sendo tradición preparamos no blog unha selección de libros recomendados para este Día do Libro. Velaquí vos quedan! Na lista atoparedes os nosos gustos e idilios librescos deste ano para que poidades agasallar ou agasallarvos cun libro :)