Libraría

Elaine Vilar Madruga presenta «La piel hembra» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de La piel hembra (Barrett) de Elaine Vilar Madruga mércores 17 de xuño ás 19:00h. A autora estará acompañada pola actriz e escritora Iria Pinheiro. A entrada é libre ata completar aforo.

Todas as mulleres dun pobo perdido nas montañas experimentan unha estraña quentura e, unha noite, sentíndose chamadas por deus, escapan das súas casas e dos seus maridos para regresar á mañá seguinte recubridas dun po dourado e embarazadas. Todas arman ser a nai do novo mesías. Así comeza La piel hembra, a obra máis ambiciosa de Elaine Vilar Madruga, que desprega un universo propio, onde o fantástico e o inquietante se entrelaza cun lirismo intenso e unha rabia latente.

Unha epopea contemporánea descomunal que cuestiona todos os roles sociais e o poder establecido, así como achega unha nova visión sobre os conceptos de identidade, memoria, fe, patria ou morte.

Elaine Vilar Madruga (La Habana, 1989) está considerada unha das voces máis importantes da Cuba literaria actual. Narradora, poeta e dramaturga, licenciouse en Arte Teatral, especialidade Dramaturxia, polo Instituto Superior de Arte (ISA), e é profesora de escritura creativa. Publicou máis de cincuenta libros en editoriais de América e Europa, entre os que destacan poemarios como Sakura (Libero, 2021), Las tarántulas (Letraversal, 2026) e a novela Las cavidades (Bookmate, México, 2023). En 2022, La tiranía de las moscas, publicada en 2021 pola grandiosa, ínclita e circunspicua Editorial Barrett, gañou o Premio Cálamo a Mellor novela do ano, sendo posteriormente traducida ao inglés, portugués, italiano e ruso. A súa novela El cielo de la selva (Editorial Lava, 2023) foi seleccionada por Babelia como unha das dez mellores novelas do ano.

Fotografía: Aggi Garduño