Estela Gómez presenta «Todo es verdad porque nadie mira» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Todo es verdad porque nadie mira (Plasson e Bartleboom) de Estela Gómez o mércores 14 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada polo escritor Xacobe Pato. A entrada é libre ata completar aforo.
Julia volve á súa cidade natal porque a súa amiga Marta tivo unha filla, o que sería unha boa noticia se non fose porque pasou o tempo e todo se descolocou. Entre as mans leva un ramo de flores e, no bolso, o manuscrito dunha novela titulada Las niñas, na que trata de reorganizar a cartografía da súa familia e do seu grupo de amigos para que ninguén, nin sequera ela mesma, poida cuestionarse onde pertence. Pero ser a cronista desde fóra conleva o risco de acabar por sentirse unha estranxeira na súa propia memoria.
Todo es verdad porque nadie mira é unha novela sobre a potencia dos recordos de infancia e sobre a lousa dunha educación sentimental baseada na culpa e os silencios. Tamén é unha historia sobre o peso das nosas relacións familiares a través dos anos, cuxa inmutabilidade acaba por encapsular unha versión ríxida de nós mesmos a pesar de que a vida que armásemos xa sexa outra. Con ecos de Carmen Martín Gaite, Jonás Trueba ou Aurora Venturini, esta novela é, sobre todo, unha homenaxe á amizade e unha reflexión sobre o complicado que resulta permanecer sen estar presente que nos pon fronte ao dilema de se é lexítimo pretender desempeñar un rol nun lugar que xa non se habita.
Estela Gómez (Vigo, 1992) vive nun ático preto do mar no que aniñan as gaivotas. É filóloga hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e mestrado en Edición pola Universidad Pompeu Fabra. Gáñase a vida como correctora literaria; le, escribe e también fai cerámica. No 2021 formou parte da primeira Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Todo es verdad porque nadie mira es su primera novela.
Fotografía: Claudia Silva