Ibai Atutxa Ordeñana presenta «Sobre la barbarie» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Sobre la barbarie (Txalaparta) de Ibai Atutxa Ordeñana o xoves 6 de novembro ás 19h. O autor estará acompañado pola escritora Susana Sanches Arins e o presidente da Mesa, Marcos Maceira. A entrada é libre ata completar aforo.
En diálogo con teorías e prácticas marxistas, transfeministas e decoloniais, o escritor, investigador e teórico da cultura Ibai Atutxa propón entender a barbarie como “a violencia material contra o vasco desobediente emancipador”. A través dunha análise baseada en numerosas fontes, debulla catro procesos de barbarización que explican como durante séculos se construíu o imaxinario “salvaxe” ao redor de Euskal Herria. Este libro preséntase como unha caixa de ferramentas para comprender a maneira na que ditos procesos de barbarización atravesan a minorización da lingua e a opresión do pobo vasco. Aínda que centrado en Euskal Herria, o libro ofrece un marco que fai posible pensar na barbarie como aquilo que dá sentido a opresións similares que, con todo, teñen lugar noutros territorios. Ademais, desenterra prácticas que poñen en xaque a violencia que sostén este imaxinario e mostra como a lingua vasca foi o campo de batalla de múltiples loitas emancipadoras. Desta maneira, articula formas de pensar e de facer que poden ser útiles para outras linguas minorizadas e outros pobos oprimidos.
Ibai Atutxa Ordeñana traballou e estudou a teoría crítica en Bilbo, Nova York e Barcelona. Escribiu sobre as relacións de opresión en Euskal Herria, a ditadura de Franco e a construción violenta da Europa contemporánea. Doutorouse en Comunicación pola Universidade de Valencia e en Estudos Culturais pola Universidade de Columbia en Nova York. Actualmente é profesor da Universidade do País Vasco, no departamento de Lingua e Comunicación, e escribe críticas de libros en Argia. Ademais de Barbaroak eta zibilizatuak, é autor dos libros Tatxatuaren azpiko nazioaz e Kanonaren gaineko nazioaz, e coautor de Indarkeriak dantzatzera behartzen gaituzte.
- Xoves
- Ver máis
-
-
San Simón
VO
-
-
Un simple accidente
VOSE
-
-
San Simón
VO
-
-
Los domingos
VO