Josiño Araujo presenta «San Meteoro» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de San Meteoro (Xerais) de Josiño Araujo o xoves 12 de xuño ás 19:00h. O autor estará acompañado pola escritora Irene Pérez Pintos. A entrada é libre ata completar aforo.
O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un enigmático meteorito que cae do ceo para cambiar a súa vida, a das persoas da súa contorna e mesmo a da cidade onde vive. Unha historia orixinal, de ritmo cinematográfico e chea de humor. Unha sátira de profunda lixeireza cun final trepidante.
Josiño Araujo estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona, e Produción Audiovisual en Vigo, cidade onde exerce a profesión de avogado, intercalándoa coa súa actividade como produtor e distribuidor cinematográfico. Foi colaborador en distintos medios dixitais e analóxicos, dirixiu varias curtametraxes e videoclips, e foi premiado por algún dos seus relatos. San Meteoro é a súa segunda novela.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A trama fenicia
VOSE
-
-
A trama fenicia
VOSE