María Quiroga presenta «Perder o norte» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Perder el norte (Galaxia), Premio Illa Nova de Narrativa 2025, de María Quiroga o venres 13 de marzo ás 19:00h. A autora estará acompañada pola escritora Cynthia Menéndez. A entrada é libre ata completar aforo.
A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propias mochilas persoais. O rodar e a auga salgada de mar como catarse. Perder o norte é unha viaxe poderosa por diversos territorios físicos e emocionais.
María Quiroga (Lugo, 1992) escribe desde nena. Estudou Neurociencias en Edimburgo e Medicina en Madrid. En 2020 residiu na Fundación Gala para Creadores Novos. Vive en Suíza onde pedalea, corre, nada e investiga os efectos do cambio climático na saúde mental. Perder o norte é a primeira novela que publica e coa que gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2025.
- hoy
- Ver más
-
-
Sorry, Baby
VOSE
-
-
-
Hamnet
VOSE