A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Remover la tierra» de Antonio Sánchez Gómez
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Remover la tierra (Sigilo) de Antonio Sánchez Gómez. O autor estará acompañado de Isabel García Vila, integrante da Plataforma Mina Touro - O Pino NON. A entrada é libre ata completar aforo.
As verteduras mineiras están devastando a comunidade de San Agustín de Puñaca. Antonio Sánchez Gómez atende á chamada da organización CENDA para preparar unha denuncia ambiental e instálase en Bolivia, onde se enfronta ao drama extractivista pero tamén a paraxes de beleza inusitada. Dos Andes á Amazonía, dos Yungas á Chiquitanía, incursiona xunto aos defensores en territorios ameazados ou xa convertidos en zonas de sacrificio pola minería e o agronegocio. Aínda así, en todos lados xorden alternativas ao modelo depredador. Desde o lugar de quen incide e reporta, Sánchez Gómez narra o saqueo, o intervencionismo estranxeiro e a resistencia local cunha insólita linguaxe xornalística. Á súa vez, Alison Spedding, Óscar Olivera, Quya Reyna, Roberto Navia, Luis Bredow e ata a pantasma de Simón Patiño descífranlle un país inverosímil, convulso, radiante.
Antonio Sánchez Gómez (Estremadura, 1981) é avogado ambientalista. En 2019 estableceuse en Lago Agrio para traballar coa Unión de afectados por Texaco na redacción da demanda que daría lugar á sentenza que prohibiu os mecheros petroleiros na Amazonía ecuatoriana, por esta experiencia publicou a novela Derrotero, protagonizado por defensores do territorio. En Bolivia participou nun proceso contra a contaminación mineira. De aí xorde Remover a tierra, híbrido de crónica, ensaio e narrativa que descende ás profundidades do extrativismo para revelar as súas consecuencias ecocidas na terra e emocionais nas persoas que as defenden.
- Sábado
- Ver máis
-
-
O día da revelación
VOSE
-
-
15 probas de amor
VOSE
-
-
The Watermelon Woman
VOSE
-
-