Cineuropa 2026

En carteleira

Ver a programación
Proximamente

Here / Aquí

Bas Devos

Stefan, un traballador da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de viaxar de volta para a súa casa. Cando está xa para marchar, coñece unha moza belgo-chinesa que traballa nun pequeno restaurante ao tempo que realiza o seu doutoramento sobre musgos. A súa atención ao case invisible deteno en seco. Ler máis

Proximamente

As vitrines

Flávia Castro

Chile, 1973. Tras o golpe militar de Pinochet, centos de militantes de esquerda latinoamericanos refúxianse na embaixada arxentina á espera dun visado para abandonar o país. Ler máis

Proximamente

The Birds / Os paxaros

Alfred Hitchcock

Melanie Daniels, unha moza rica e snob da alta sociedade de San Francisco, coñece casualmente a Mitch Brenner nunha tenda de animais e decide seguilo ata Bodega Bay, onde vive coa súa familia. A súa chegada coincide cunha serie de ataques inexplicables de paxaros contra os habitantes da localidade. Ler máis

Proximamente

An Angel at My Table / Un anxo na miña mesa

Jane Campion

Janet Frame medra nunha familia humilde de Nova Zelandia e pasa a súa infancia e adolescencia marcada pola timidez, as dificultades para relacionarse e a incomprensión da súa contorna. Diagnosticada erroneamente de esquizofrenia, pasa varios anos internada nun hospital psiquiátrico e sométese a tratamentos que inclúen a terapia electroconvulsiva. A literatura convértese no seu refuxio e na vía para construír unha vida propia, ata acadar o recoñecemento como escritora. Ler máis

Proximamente

El milagro

David Varela

Lola e David casaron hai doce anos. A súa viaxe de lúa de mel foi, en parte, unha escusa para emprender un novo proxecto cinematográfico: unha película inviable que vai apoderándose de David a medida que percorren Oriente Medio e a India. Ler máis

Proximamente

Orlando

Sally Potter

Orlando é unha criatura melancólica, independente e inmortal que atravesa catro séculos da historia inglesa. Ao longo desta viaxe, pasa de home a muller e explora os misterios da vida, da arte e da paixón, nun percorrido que cuestiona as convencións sociais e a identidade de xénero. Ler máis

Proximamente

Pacific Heights / De súpeto, un estraño

John Schlesinger

Patty e Drake, unha parella de San Francisco, compran e restauran unha antiga casa vitoriana e, para para facer fronte á hipoteca, alugan os apartamentos da planta baixa. Todo parece ir ben ata que Carter Hayes, un inquilino aparentemente modélico, axiña comeza a incumprir os pagos e a provocar danos na vivenda. Ler máis

Proximamente

Bosque arriba en la montaña

Sofía Bordenave

En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais. Ler máis

Proximamente

The Wrong Man / Falso culpable

Alfred Hitchcock

Christopher «Manny» Balestrero, un músico que traballa nun local nocturno de Nova York, é confundido co autor de varios atracos e detido pola policía. Aínda que é inocente, as probas circunstanciais e as identificacións das testemuñas parecen incriminalo. Mentres tenta demostrar que non cometeu os delitos, a presión da investigación e do proceso xudicial afecta gravemente á súa muller, Rose. Ler máis

Proximamente

Marnie / Marnie, a ladroa

Alfred Hitchcock

Tippi Hedren é Marnie, unha secretaria ladroa e mentireira que se pon a traballar para Mark Rutland (Sean Connery) e tenta roubarlle. Mark, impulsivamente, casa con ela e tenta descubrir as causas do seu obsesivo comportamento. Ler máis

Proximamente

Picnic

Joshua Logan

Nunha pequena localidade de Kansas, a chegada de Hal Carter, un home atractivo e errante, altera a vida dos habitantes. Hal busca un antigo compañeiro de universidade, Alan Benson, pero axiña chama a atención de Madge, a noiva de Alan, e esperta sentimentos e desexos que permanecían agochados. Durante a celebración dun picnic, as tensións amorosas e sociais saen á luz. Ler máis

Proximamente

The Children's Hour / A calumnia

William Wyler

Karen Wright e Martha Dobie son dúas amigas que dirixen unha escola privada para nenas. Cando unha das alumnas inventa o rumor de que ambas manteñen unha relación lésbica, a mentira espállase e provoca un escándalo que destrúe a reputación das profesoras. Malia os seus intentos por defenderse, as dúas mulleres enfróntanse ao rexeitamento social e ás consecuencias dunha acusación que pon en perigo a súa carreira, a súa amizade e a súa vida persoal. Ler máis

Ver menos