Cinema, rexistro vivo da nosa memoria

En carteleira

Ver a programación

Bushman

David Schickele

1968. Martin Luther King, Robert Kennedy e Bobby Hutton, entre outros, faleceron recentemente. En Nixeria, a guerra civil entra no seu segundo ano sen final á vista. En San Francisco, as aventuras de Gabriel, un mozo nixeriano, reflicten as friccións tribais, persoais e raciais durante os convulsos anos sesenta. Ler máis

Pase único 25 de abril

José Ernesto Díaz Noriega ― Curtametraxes

José Ernesto Díaz Noriega

José Ernesto Díaz Noriega é unha figura esencial do amateurismo español e do cinema feito en Galicia nos anos 60 e 70. Achegamos unha selección de curtas recentemente restauradas por diferentes arquivos e filmotecas. Esta sesión célebrase en colaboración coa Filmoteca de Galicia, Filmoteca Española, Elías Querejeta Zine Eskola, Julia Díaz-Noriega Villaba e Lost & Found Films. Ler máis

Pase único 4 de maio

Tren de sombras

José Luis Guerín

As filmacións estivais rexistradas en Lle Thuit (Alta Normandia) por un singular pioneiro do cinema amateur —o avogado parisiense Gérard Lleury (1877-1930)— orixinan unha indagación poética e detectivesca ao redor da imaxe cinematográfica. Ler máis

Filmes xa programados

A carpa de circo

Aravindan Govindan

A carpa de circo é unha película poética e alegórica que explora con delicadeza a transitoriedade das relacións humanas e o desarraigamento dos marxinados. A chegada dunha compañía de circo ambulante nunha bucólica aldea desencadea unha serie de efectos. Ler máis

As ruínas dun imperio

Fridrikh Ermler

Un home regresa ao seu fogar en San Petersburgo dez anos despois da Revolución Rusa, tras perder a memoria durante a Primeira Guerra Mundial. Cando a recupera, non entende os cambios que pasaron no país nos últimos anos. Os obreiros axudaranlle a entender que agora, baixo o poder soviético, eles son os donos da fábrica e da súa propia vida. Ler máis

Prisioneros de la tierra

Mario Soffici

Arxentina, 1915. Acompañado por un médico e a súa bela filla, Köhner, un desapiadado capataz que goberna con man de ferro unha plantación de mate, chega á cidade de Posadas co propósito de contratar traballadores. Ler máis