Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 18/19

Filmes xa programados

A Ciambra

Jonas Carpignano

Na pequena comunidade xitana de A Ciambra, en Calabria, Pío Amato está desesperado por medrar axiña. Con 14 anos, fuma, bebe e é dos poucos membros do pobo romaní que se relaciona cos italianos locais e os refuxiados africanos. Ler máis

A infancia dun líder

Brady Corbet

Asistimos á historia dunha familia norteamericana que vive en Francia durante o período de posguerra, tras a I Guerra Mundial. A situación do país será o xerme do fascismo que agromará en varios lugares e o benxamín da familia será un dos seus futuros líderes. Ler máis

Americana x NUMAX: Golden Exits

Alex Ross Perry

Kevin e Alyssa son un matrimonio estancado, el é arquivador e ela, psicóloga. Buddy e Jess traballan xuntos nun estudio de música. Gwen, a irmá de Alyssa, ten de axudante a Sam, irmá de Jess. Un bo día Naomi, unha estudante australiana e amizade temperá de Buddy, empeza a traballar como axudante de Kevin. Ler máis

Ver máis