Carta campesiña

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 24 de novembro

Carta campesiña

Ngor e Coumba viven nunha aldea da rexión de Serere, en Senegal. Hai dous anos que Ngor quere casar con Coumba pero este ano a colleita volveu ser mala. As choivas son moi irregulares para que o cacahuete, o único cultivo comercializable herdado da colonización, achegue os recursos necesarios. A senegalesa Safi Faye realizou en 1975 esta longametraxe que sería catalogada como a primeira dirixida por unha muller africana.

  • Título orixinal: Kaddu Beykat
  • Ano: 1975
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Serer
  • Dirección: Safi Faye
  • Guión: Safi Faye
  • Elenco: Assane Faye, Maguette Guèye, Safi Faye (voz en off)
  • Montaxe: Andrée Davanture
  • Son: Charles Diouf, Maya Bracher
  • Música: Charles Diouf, Maya Bracher
  • Fotografía: Patrick Fabry
  • Produtora: Safi (Senegal)
  • Distribuidora: Penteo Films