Cineuropa 2018 - Mulleres experimentalistas de América Latina

  • Estrea
  • VOSE

Cineuropa 2018 - Mulleres experimentalistas de América Latina

BLUES TROPICAL [1982]
Poli Marichal
Porto Rico / 9 min. / Musical, Experimental

Blues Tropical é parte da triloxía onde a artista expón a rabia e impotencia producidas pola situación de miseria na illa de Porto Rico a causa do imperialismo ianqui. A través dunha estrela danzante a artista traballa a metáfora de estrela como desexo de liberdade que atravesando documentos visuais vai reafirmando a súa mirada anticolonialista. Trátase dun filme que usa a intervención física da metraxe atopada para narrar a memoria colectiva e as manchas que se produciron, e se seguen a producir, pola intervención xeopolítica.

COLOR [1954]
Lydia García
Uruguai / 3 min. / Musical, Abstracto

Tomando a consigna feminista “o persoal é político” poderíase afirmar que este filme é tan poético como político debido a que foi realizado nun contexto onde o cinema experimental era rexeitado pola narrativa patriarcal reflectida a través da crítica e a cultura cinematográfica en xeral. É así que estas pingas de pintura filmadas en vivo poderían ser unha especie de action painting cinematográfico acompañado da musicalización en vivo do Hot Jazz Club, polo tanto o son é agregado a través da banda magnética. Debido a esta particularidade o filme foi restaurado no seu formato
orixinal para poder preservar a integridade da sonoridade.

COME OUT [1971]
Narcisa Hirsch
Arxentina / 11 min. / Experimental / Inglés

Come Out é considerada unha das primeiras obras de cinema estrutural en América Latina. Narcisa Hirsch defínea como a película que representa o espírito do underground experimental do grupo no que traballaban. Foi rodada nun soto tomando como inspiración o que é a base sonora do filme, a peza de música experimental homónima pertencente a Steve Reich Come Out (USA, 1966). Esta peza foi composta en apoio ao reclamo polo conflito de seis mozos negros arrestados por asasinato durante as manifestacións de Harlem en 1964. Narcisa toma as reberveracións e as modificacións sonoras do músico para expandilas a través da hipnose visual lograda a través do fóra de foco e a potenciación da atmosfera subterránea.

COPACABANA BEACH [1983]
Vivian Ostrovsky
11 min. / Experimental / Portugués

Vivian Ostrovsky viviu a súa infancia e adolescencia en Río de Xaneiro e foi onde se impregnou da sonoridade e o movemento inquieto de Copacabana Beach. Este filme foi integrado no programa de superochistas brasileiros e mencionado por Johnson e Stam como “beach symphony filme”. Trátase dunha colaxe lúdica que retrata as escenas cotiás dunha xornada en Copacabana ao ritmo de fragmentos musicais, entre eles cancións de Carmen Miranda. Sincronización, fragmentación, retrato, situacións cotiás, todo encadea para realizar unha experimentación con certo toque de
humor.

DESNUDO CON ALCATRACES [1986]
Silvia Grüner
México / 2 min. / Experimental

Trátase dunha película que retrata unha performance exposta onde se reafirma a enunciación feminista a través da sinalización poética da corporalidade como xeito de interpelación ao canon modernista. Os alcatraces ou calas, moi presentes na pintura clásica mexicana, son aquí un obxecto xerador de caricias que resaltan a coloración da pel a través da textura achegada pola realización en súper 8. A artista logra unha atmosfera sutil contaminada polo gran da película, un clima erótico na relación da súa pel coas flores.

EL DIABLO EN EL CUERPO [1998]
Ximena Cuevas
México / 5 min. / Videoarte

A artista estuda certos tópicos do melodrama e presupón os usos de materiais para poder accionar o pranto e os acenos de dor. A través desta metáfora pon en cuestión os rituais cotiáns. «Mírome no espello, pero a través do abatido orificio dunha máscara, o círculo rompe polo ángulo cortante dun teléfono que segue soando. Collo a culler de novo. Non hai forma de escapar do aburrimento cotián. Cada puntuación gramatical constitúe unha procura dunha ruptura na realidade ou un estado intensificado». Trátase dunha obra referencial da videoarte que ao ser incluída nesta xenealoxía cuestiona os límites das categorizaciones.

PARACAS [1983]
Cecilia Vicuña
Estados Unidos / 19 min. / Animación

Animación tridimensional dun téxtil precolombino de dous mil anos de antigüidade creado na rexión Paracas/Naza do Perú, actualmente na colección do Brooklyn Museum de Nova York. Nesta obra, a artista recrea o universo poético do deserto transformado en xardín polos
seus antigos habitantes.

POPSICLES [1983]
Gloria Camiruaga
Estados Unidos, Chile / 5 min. / Videoarte / Castelán

Popsicles (xeado de auga) alude á relación entre a igrexa católica e a ditadura chilena. Móstranse primeiros planos de rostros cuxas bocas repiten o mantra do ave maría, mentres chupan un xeado de auga que dentro contén o clásico boneco de soldadiño en miniatura. A través desta acción simúlase unha felación por parte dos adeptos á igrexa e interpela a negación dos devotos para ver estes nexos. Mentres isto ocorre repítese en mantra o rezo do ave maría mentres soan sirenas e se escoitan avións. As figuras en miniatura, tamén rotas, deixan ver que o estado de guerra deixou desfeitas en corpos que agora non son máis bonecos.

UMBRALES [1967]
Marie Louise Alemann
Arxentina, Francia / 19 min. / Musical, Experimental

Umbrales é unha das películas restauradas no marco deste proxecto. A súa importancia débese ao retrato da atmosfera que se vivía na década dos oitenta no ambiente de contracultura. Expón a desorientación colectiva, a ocultación, a deriva dunha narrativa errática onde o que prevalece é o xogo de miradas e o rozamento dos corpos. É tamén un filme que propón unha estética do homoerotismo a través dunha acción performática colectiva e singular. Como todos os filmes da cineasta, esta é unha obra inclasificable e quizais por iso sexa tan importante neste proxecto.

  • Título orixinal: Cineuropa 2018 - Mulleres experimentalistas de América Latina
  • Duración: 84 minutos