Crónicas turcas

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases únicos 5 e 6 de setembro

Crónicas turcas

Serie de curtametraxes documentais realizadas durante as viaxes de Maurice Pialat a Turquía en 1963.

Bizancio
Byzance | Maurice Pialat | 1964 | 11 min
Bizancio relata a caída e o saqueo da cidade polas tropas otomanas dirixidas por Mehmed II en 1453. Os lentos trevellings sobre as ruínas da ciudadela e os seus muros poñen en evidencia esta transición do Oriente grego-latino ao Oriente musulmán.

Bósforo
Bosphore | Maurice Pialat | 1964 | 14 min
Bósforo evoca o pasado superposto da cidade – Bizancio, Constantinopla, Estambul – presentando diferentes sitios e monumentos como as murallas e as mesquitas.

O corno de ouro
La corne d'or | Maurice Pialat | 1964 | 13 min
A partir dun texto de Gérard de Nerval, O corno de ouro evoca a cidade dos sultáns e dos haréns, das mesquitas e do Islam, nunha época onde as diferentes comunidades turcas, gregas, armenias, xudías— conviven en boa harmonía-.

Estambul
Istanbul | Maurice Pialat | 1964 | 13 min
Neste retrato da cidade, Pialat interésase menos pola súa historia e os seus monumentos que pola vida dos seus diferentes barrios e a súa poboación.

Mestre Galip
Maître Galip | Maurice Pialat | 1964 | 11 min
Facendo eco aos acentos de tristura dos poemas de Nazim Hikmet, Pialat busca encontrar nos rostros en primeiro plano, a atmosfera da cidade.

Pehlivan
Pehlivan | Maurice Pialat | 1965 | 13 min
A través dun campionato de loita tradicional, Pialat aborda as cuestións do erotismo e a sexualidade. Xunto aos homes untados con graxa e vestidos cun groso calzón de coiro, bailarinas do ventre ofrécense en espectáculo.

  • Título orixinal: Crónicas turcas
  • Ano: 1964
  • Duración: 77 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Maurice Pialat
  • Distribuidora: Atalante Cinema