O riso e a faca
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
-
- VOSE
O riso e a faca
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Sérgio, un enxeñeiro ambiental portugués, viaxa a Guinea-Bissau para realizar un informe de impacto dun proxecto de construción de estradas. Atrapado entre a calor e o illamento, coñece a Diara e Guilherme, dúas persoas locais que tamén buscan o seu propio camiño. A medida que medran as tensións nunha relación tan próxima como ambigua, Sérgio comeza a comprender as dinámicas capitalistas e poscoloniais que envolven a súa misión. Os tres deberán enfrontarse a como as súas identidades se moldean e chocan nun mundo globalizado.
Pedro Pinho é un cineasta portugués polifacético formado na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa e na École Louis-Lumière de París. En 2008 codirixiu o documental Bab Sebta (xunto con Frederico Lobo), e máis adiante fundou a produtora Terratreme Filmes, clave no panorama do cinema portugués contemporáneo. En 2017 deu o salto á ficción con A fábrica de nada, un filme social ambicioso que se estreou na Quincena de Cineastas de Cannes, onde recibiu o Premio FIPRESCI, e que acadou máis de vinte galardóns internacionais.
- Título orixinal: O riso e a faca
- Ano: 2025
- Duración: 211 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Pedro Pinho
- Guión: Pedro Pinho, Miguel Seabra Lopes, José Filipe Costa, Luisa Homem
- Elenco: Sérgio Coragem, Cleo Diára, Jonathan Guilherme
- Montaxe: Karen Akerman, Cláudia Rita Oliveira, Rita M. Pestana
- Fotografía: Ivo Lopes Araújo
- Produtora: Tiago Hespanha, Ioana Lascar, Tatiana Leite, Juliette Lepoutre, Pierre Menahem, Pedro Pinho, Filipa Reis, Radu Stancu (Portugal)