O resplandor

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

O resplandor

Jack Torrance trasládase canda a súa muller e o seu fillo de sete anos ao impresionante hotel Overlook, Colorado, para se encargar do mantemento das instalacións durante o inverno, época na que fica pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é encontrar paz e acougo para escribir unha novela. Porén, pouco despois da súa chegada ao hotel, ao tempo que Jack empeza a padecer inquietantes transtornos de personalidade, sucédense estraños e arrepiantes fenómenos paranormais.

  • Título orixinal: The Shining
  • Ano: 1980
  • Duración: 144 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Stanley Kubrick
  • Guión: Stanley Kubrick, Diane Johnson (Novela: Stephen King)
  • Elenco: Jack Nicholson, Shelley Duvall, Danny Lloyd, Scatman Crothers, Barry Nelson, Philip Stone, Joe Turkel, Lia Beldam, Billie Gibson, Barry Dennen, David Baxt, Manning Redwood, Lisa Burns, Louise Burns, Alison Coleridge, Norman Gay
  • Montaxe: Ray Lovejoy
  • Dirección de arte: Leslie Tomkins
  • Música: Rachel Elkind, Wendy Carlos
  • Fotografía: John Alcott
  • Produtora: Warner Bros. Pictures / Hawk Films / Peregrine