Nocturama '24 ― Stanley Kubrick: unha odisea

En carteleira

Ver a programación

Barry Lyndon

Stanley Kubrick

Adaptación dunha novela do escritor inglés William Tackeray. Barry Lyndon, un mozo irlandés ambicioso e sen escrúpulos, vese obrigado a emigrar a causa dun duelo. Leva a partir de entón unha vida errante e chea de aventuras. Ler máis

Bob, le flambeur

Jean-Pierre Melville

Bob é un vello gánster e un xogador empedernido que está a piques de arruinarse. Daquela, a pesar das advertencias dos seus amigos, decide atracar o casino de Dauville. Todo está planeado á perfección, pero a policía está informada do atraco. Ler máis

Solaris

Andrei Tarkovsky

Un científico é enviado á estación espacial dun remoto planeta cuberto de auga para investigar a misteriosa morte dun médico. Adaptación do clásico da ciencia ficción do escritor polaco Stanislaw Lem. Ler máis

Pases únicos 8 de xullo e 1 de agosto

O resplandor

Stanley Kubrick

Unha familia trasládase a un hotel illado para pasar o inverno. Axiña, unha presenza demoníaca conduce o pai cara á violencia, mentres o seu psicótico fillo percibe arrepiantes presaxios sobre o pasado e o futuro. Ler máis

Pases únicos 9 de xullo e 12 de agosto

Madame de...

Max Ophüls

Urxida pola necesidade de diñeiro para cubrir os seus cuantiosos gastos, unha condesa vende uns pendentes que lle agasallou o seu marido e a este dille que os extraviou. O xoieiro, indiscreto, cóntalle ao conde o sucedido e véndelle a alfaia que, tras distintos avatares, chega a mans dun diplomático italiano. Ler máis

Pases únicos 10 e 25 de xullo

Deliverance (Defensa)

John Boorman

Catro amigos que viven na cidade deciden pasar unha fin de semana nos Montes Apalaches, lonxe das súas familias e os problemas da oficina. Queren baixar en canoa un río que atravesa un bosque que axiña será inundado pola construción dunha presa. Ler máis

Pases únicos 11 de xullo e 29 de agosto

Doctor Sleep

Mike Flanagan

despois dos sucesos d'O resplandor', Danny Torrance (Ewan McGregor) é un adulto que vive atormentado cos feitos sucecidos décadas atrás no Hotel Overlook, cando era un neno de 5 anos. Ler máis

Pases únicos 15 de xullo e 15 de agosto

Eyes Wide Shut

Stanley Kubrick

William Harford é un respectábel médico neoyorquino cuxa vida parece ir moi ben: está casado cunha fermosa muller, ten unha filla e ten un traballo que lle gusta. Pero, ao día seguinte de asistir a unha festa, a súa muller Alice fálalle dunhas fantasías eróticas e de como estivo a piques de romper o seu matrimonio por un descoñecido. Ler máis

Pases únicos 16 de xullo e 8 de agosto

Rashomon

Akira Kurosawa

Xapón, século XII. En Kioto, baixo as portas do derruído tempo de Rashomon, goréncense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado ter dato morte a un señor feudal e violado a súa esposa. Ler máis

Pases únicos 17 de xullo e 17 de agosto

Amorodos salvaxes

Ingmar Bergman

O profesor Borg, un eminente médico, debe ir a Estocolmo para recibir unha homenaxe da súa universidade. Sobrecollido, tras un soño no que contempla o seu propio cadáver, decide emprender a viaxe en coche coa súa nora, que acaba de abandonar a súa casa, tras unha discusión co seu marido, que se nega a ter fillos. Ler máis

Pases únicos 18 de xullo e 6 de agosto

Lolita

Stanley Kubrick

Humbert Humbert, un profesor corentón, chega a Ramsdale (New Hampshire) e aluga un cuarto en casa da viúva Charlotte Haze que ten unha filla de once anos. Humbert namora perdidamente da rapariga e concibe un perverso plan: casar coa nai para estar sempre preto de Lolita. Ler máis

Pases únicos 22 de xullo e 22 de agosto

Under the Skin

Jonathan Glazer

Un extraterrestre no corpo dunha misteriosa muller deambula polas rúas de Escocia, arrastrando a homes solitarios e confiados a un destino fatal. A adaptación da novela homónima de Michel Faber permítenos observar o noso mundo a través dos ollos dunha alieníxena. Ler máis

Pases únicos 23 de xullo e 21 de agosto

A laranxa mecánica

Stanley Kubrick

Gran Bretaña, nun futuro indeterminado. Alex é un mozo moi agresivo que ten dúas paixóns: a violencia desaforada e Beethoven. É o xefe da banda dos drugos, que dan renda solta aos seus instintos máis salvaxes apaleando, violando e aterrorizando a poboación. Ler máis

Pases únicos 24 de xullo e 19 de agosto

Os duelistas

Ridley Scott

A inicios do século XIX, durante as guerras napoleónicas, un tenente do exército francés, o aristócrata Armand D'Hubert (Keith Carradine), recibe a orde de arrestar o tenente Feraud (Harvey Keitel) por ter participado nun duelo. Feraud, encolerizado, desafiará unha e outra vez a D'Hubert durante quince anos. Ler máis

Pases únicos 29 de xullo e 13 agosto

Metrópole

Fritz Lang

Futuro, ano 2000. Na megalópole de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo, onde se encontra o corazón industrial da cidade. Ler máis

Pases únicos 31 de xullo e 14 de agosto

A chaqueta metálica

Stanley Kubrick

Un grupo de recrutas prepárase en Parris Island, centro de adestramento da mariña norteamericana. Están baixo as ordes do sarxento Hartman, duro e implacable, cuxa única misión na vida é endurecer o corpo e a alma dos novatos, co obxectivo de que no futuro poidan defenderse do inimigo. Ler máis

Ver menos