Nocturama 2018

En carteleira

Ver a programación

Suspiria

Dario Argento

Unha moza ingresa nunha exclusiva academia de baile a mesma noite en que asasinan a unha das alumnas. A subdirectora do centro é a amable Madame Blank, que brinda á nova alumna as comodidades e facilidades necesarias para a súa aprendizaxe. Ler máis

Jennie

William Dieterle

Un pintor arruinado e abatido por ter perdido a inspiración coñece, un frío día de inverno, a unha moza en Central Park vestida dun modo anticuado. Ler máis

Anxo de vinganza

Abel Ferrara

Thana, unha moza xordomuda que foi violada dúas veces no mesmo día, consegue matar o seu segundo agresor e, apoderándose do seu revólver, convértese nunha especie de vingadora feminista, dedicada a liquidar chulos, violadores, traficantes e misóxinos en xeral. Ler máis

Viñeron de dentro de...

David Cronenberg

No complexo residencial das Starliner Towers, un científico crea, por medio dunhas modificacións xenéticas, unha caste de lesmas. Cando estes seres penetran no corpo dun ser humano convérteno nun doente aqueixado dun insaciábel instinto sexual e asasino. Ler máis

6, 14 e 22 de agosto

Os paraugas de Cherburgo

Jacques Demy

Geneviève é unha moza que vive coa súa nai e a axuda na tenda de paraugas que ten en Cherburgo. Está namorada de Guy, un mozo mecánico, co que pensa casar a pesar da oposición da súa nai, que considera a Geneviève demasiado nova e a Guy demasiado pobre. Ler máis

Pases únicos 7, 16 e 21 de agosto

O profesor chalado

Jerry Lewis

Julious Kelp, un profesor universitario de química torpe e bastante desafortunado na súa vida social, dá coa fórmula dunha apócema que cando a bebe o converte nunha persona totalmente diferente. Ler máis

Pases únicos 8, 13 e 23 de agosto

Paixón dos fortes

John Ford

A Wyatt Earp (Henry Fonda), antigo sheriff de Dodge City, ofrécenlle o posto de comisario da cidade de Tombstone, pero rexéitao porque lle interesa máis o negocio de gandeiro ao que se dedica cos seus irmáns. Ler máis

Pases únicos 9, 15 e 20 de agosto

Drácula

Terence Fisher

O conde Drácula decide abandonar o seu castelo dos Cárpatos e estabelecerse en Occidente. Axiña coñece a unha moza de quen se namora e á que visita polas noites. Ler máis

Ver máis