WOS Cinema x NUMAX 2018

Filmes xa programados

El ruido son las casas

Luciana Foglio, Luján Montes

«El ruido son las casas» é un filme sobre a creación de música experimental en Buenos Aires. Influenciados pola contorna urbana, distintos artistas improvisan efémeras pezas sonoras que oscilan entre a música e o que comunmente se considera ruído. Ler máis

The Public Image is Rotten

Tabbert Fiiller

Public Image Ltd (Pil) foi o grupo que John Lyndon (Johnny Rotten) formou ao finalizar The Sex Pistols en 1978, logo dunha decisiva viaxe a Xamaica. Máis ca unha banda de rock, PiL é unha corporación que leva experimentando coa música e a súa representación nos medios durante máis de 30 anos, cheos de altibaixos artísticos e persoais. Ler máis