A Ciambra
- Os ollos verdes
- DCP2K
- VOSE
A Ciambra
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 18/19
- Os ollos verdes
- DCP2K
Na pequena comunidade xitana de A Ciambra, en Calabria, Pío Amato está desesperado por medrar axiña. Con 14 anos, fuma, bebe e é dos poucos membros do pobo romaní que se relaciona cos italianos locais e os refuxiados africanos. Pío, que segue a todas partes ao seu irmán maior Cosimo para aprender todas as habilidades necesarias para vivir nas rúas da súa cidade, ve como o seu mundo empeza a derrubarse cando Cosimo desaparece. É aí cando Pío cre estar listo para se poñer no lugar de seu irmán, mais debe tomar unha decisión moi complicada que demostrará se está listo para se converter nun home.
Sesión celebrada en colaboración co Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela
- Título orixinal: A Ciambra
- Ano: 2017
- Duración: 113 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Jonas Carpignano
- Guión: Jonas Carpignano
- Elenco: Pio Amato, Koudous Seihon, Damiano Amato, Iolanda Amato, Patrizia Amato, Susanna Amato, Francesco Pio Amato, Rocco Amato
- Montaxe: Affonso Gonçalves
- Vestiario: Isabella Torre
- Son: Julien Perez
- Música: Dan Romer, Meghan Kozlosky
- Fotografía: Tim Curtin