A escala
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
A escala
- Estrea
- DCP2K
- +12
Premio ao Mellor Guión na Sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2016, narra a estancia en Chipre de dúas mulleres soldado que se someten xunto á súa unidade a unha escala de tres días de descompresión na illa, tras vivir un conflito bélico, e antes de regresaren aos seus fogares. Ariane Labed (Assasin’s creed, Langosta) e a actriz e cantante Soko (Augustine, La bailarina) dan vida ás súas dúas magnéticas protagonistas. Este apaixonante drama explora de forma singular os danos psicolóxicos que causa a guerra e o propio exército en mulleres militares.
- Título orixinal: Voir du pays
- Ano: 2016
- Duración: 102 minutos
- Idioma orixinal: Francés, grego
- Dirección: Delphine Coulin, Muriel Coulin
- Guión: Delphine Coulin, Muriel Coulin
- Elenco: Soko, Ariane Labed, Ginger Romàn, Karim Leklou, Robin Barde, Damien Bonnard, Andreas Konstantinou, Jérémie Laheurte, Sylvain Loreau, Alexis Manenti, Kostis Maravegias, Makis Papadimitriou
- Montaxe: Laurence Briaud
- Vestiario: Isabelle Pannetier
- Son: Antoine-Basile Mercier
- Fotografía: Jean-Louis Vaillant
- Produtora: Archipel 35, Blonde Audiovisual Productions, Arte France Cinéma
- Distribuidora: Pirámide Films
Cannes 2016: Mellor guión (Un certain regard), Cairo 2016 (sección oficial)