A forma da auga

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

A forma da auga

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Estados Unidos, á volta de 1963. É a Guerra Fría e a carreira militar e espacial está no seu punto álxido. Elisa é unha empregada da limpeza muda nunha instalación do Goberno que agocha uns laboratorios secretos. A súa vida muda  por completo ao descubrir un ser enigmático: un home-pez único, unha auténtica anomalía natural, que vive encerrado e é vítima de diversos experimentos. Elisa empeza entón a sentir simpatía por este estraño ser e estabelécese unha forte conexión entre ambos. Mais o mundo real non é un lugar seguro para un home destas características.

  • Título orixinal: The Shape of Water
  • Ano: 2017
  • Duración: 119 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Guillermo del Toro
  • Guión: Guillermo del Toro, Vanessa Taylor
  • Elenco: Sally Hawkins, Doug Jones, Michael Shannon, Octavia Spencer, Richard Jenkins, Michael Stuhlbarg, Lauren Lee Smith, David Hewlett, Nick Searcy, Morgan Kelly
  • Montaxe: Sidney Wolinsky
  • Dirección de arte: Nigel Churcher
  • Vestiario: Luis Sequeira
  • Son: Tyler Whitham
  • Música: Alexandre Desplat
  • Fotografía: Dan Laustsen
  • Produtora: Bull Productions, Fox Searchlight (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Twentieth Century Fox España
Venecia 2017 (León de Ouro Mellor filme), Globos de Ouro 2017 (Mellor dirección e banda sonora), BAFTA 2017 (12 nominacións)